Miranda é unha nena de oito anos soñadora, sensible, inquieta e curiosa. Por iso, cando o seu gato
Alfredo faina trastabillar e rompe o dedo meñique (un dedo tontorrón, a
verdade), o mundo cáeselle encima. Toda unha semana sen poder moverse! Un
aburrimento. Menos mal que a súa nai comeza a relatarlle a historia de Frida
Kahlo, unha pintora excepcional que tivo que gardar repouso por enfermidade en
moitos momentos da súa vida. Da man de Miranda, repasamos a biografía de Frida,
unha artista revolucionaria dotada dun inmenso talento artístico e unha forza
de vontade extraordinaria.
A colección consta de varios
títulos, e neles preténdese achegar aos nenos as biografías de mulleres
tan destacadas como Juana la Loca, Marie Curie, Coco Chanel, Indira Ghandi ou
Frida Kahlo entre outras.
Se queredes descubrir a vida destas magníficas mulleres, xa
sabedes... achegádevos á biblio!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario