Xa estamos aquí outra vez,
volvemos ao cole e tamén á biblioteca. Afrontamos un novo curso, unha nova
aventura. E como cada ano facémolo con moitísima ilusión e con moitas ganas.
Seguiremos realizando moitas das
actividades de anos anteriores pero tamén queremos incorporar novos proxectos e
actividades á nosa tarefa diaria, xa que o último que queremos é quedarnos
estancados nun mundo que non se detén xamais.
Esperamos que este curso sigades
estando connosco, apoiando o noso labor e colaborando como o fixestes ata
agora.
Queremos que este blog sexa o
reflexo do traballo que se realiza na biblioteca e no Centro, que poidades
seguir informados dese traballo e que gocedes do mesmo.
Sabede que tanto o colexio como
a biblioteca están sempre abertos á comunidade educativa e que a vosa
colaboración, axuda e achegas son moi importantes para o seu bo funcionamento.
Non debemos esquecer nunca que o que pretendemos é conseguir o mellor colexio e
a mellor educación para os nosos alumnos e o mellor xeito de facer isto é,
FACELO ENTRE TODOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario