31/05/13

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

O pasado día 10 de maio tivemos na biblioteca Castelao do noso centro un obradoiro cos rapaces de 5º e 6º de primaria de creación literaria tomando como referencia a obra de Rosalía de Castro. Foi impartido por  persoal da editorial Kalandraka.

Esta é a crónica que fai da actividade unha das alumnas que asistiron:

“Hoxe fomos as clases de 5º e 6º á biblioteca xa que viña a visitarnos un chico moi simpático para que coñecéramos algúns poemas de Rosalía de Castro, porque estamos preto do Día das Letras Galegas. Propúxonos que fixeramos un poema con versos de distintos poemas de Rosalía como fixo el con nós.
A clase foi moi entretida pero o dos poemas , non é o meu!.”

Noelia Ares Iglesias. 5º de EP.








Ningún comentario:

Publicar un comentario