O Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa
Biblioteca Castelao, organiza un concurso de portadas para libros.
BASES:
1. Dirixido a : Todos os alumnos do CPI
“Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual con un máximo de 3
exemplares
2. Tema:
O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada
ou cuberta dun libro que o/a alumno/a teña lido.
Nesta portada ten que constar o título e o nome do autor
do libro e ademais a decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos,
ilustracións, fotografías, distintas tipos de letra, etc.
O libro pode ser de calquera xénero literario: poesía,
novela, conto, teatro, ensaio, tratado, … . Tamén se pode optar por castelán,
galego, inglés ou francés segundo sexa o idioma no que se leu o libro.
3. Formato: Tamaño mínimo un cadrado de
21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar a forma do soporte sempre
que quede dentro das dimensións mínimas e máximas sinaladas.
4. Técnica: Poderase utilizar calquera
tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a
ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto,
composicións feitas con volume e despois fotografadas, etc.
5. Soporte: En función da técnica os
traballos pódense entregar en papel, cartolina, cartón, táboa, lenzo ou como
arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.
6. Data e lugar de entrega: A data límite
de entrega é ata o venres 3 de maio de 2.013. Os traballos entregaranse na
biblioteca ao profesor de garda na mesma.
7. Premios: Os premios entregaranse na
semana das letras galegas (do 9 ao 17 de maio). Outorgaranse varios premios en
función da idade e das distintas técnicas. Os traballos participantes serán
expostos no centro e tamén no blog da biblioteca.
8. Xurado: O xurado estará composto
por profesores/as deste centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario