11/01/26
Obradoiro de fiado da la 3º e 4º de EP
19/12/25
15/12/25
Libros libres
Aproveitando as visitas das familias para a realización dos obradoiros puxemos á súa disposición libros descatalogados, revistas e xornais doutros anos para que puideran levalos e darlles unha nova vida nas súas casas. Así foron os nosos "libros libres".
10/12/25
10 de decembro: Día dos dereitos humanos.
O día 10 de decembro, cada grupo do cole tivo que comentar un dereito e colorealo. Despois, na "hora de ler", todo o alumnado de EP e EI xuntámonos na zona de buses agrupándonos en círculos concéntricos e pasámonos un fío ata convertinos nunha gran tea de araña. Esta tea simboliza a seguridade para vivir unha vida o máis xusta posible que nos proporciona a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, todos e todas colaboramos para formar a nosa propia rede de apoio. Esta actividade foi proposta polo 3º ciclo (5º e 6º de EP)
01/12/25
Semana da "Memoria histórica" na Biblioteca Castelao
Durante a semana do 24 ao 28 de novembro, o alumnado de 4º da ESO recibiu no centro a varios especialistas sobre cuestións relacionadas con diferentes ámbitos da represión franquista no século pasado. Estas charlas están enmarcadas dentro do seu proxecto de trimestre para a materia de Xeografía e Historia, titulado “Voces silenciadas. Lugares de memoria. Violencia e represión nos concellos de Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior entre 1936 e 1949”.
O primeiro en asistir foi o arqueólogo Serxio Castro, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, quen lles fixo unha exposición sobre o proceso de exhumación dunha fosa común. O alumnado puido compartir con el ata tres sesións de 50 minutos nas que foron descubrindo diversas curiosidades de arqueoloxía forense e tamén se interesaron por saber como poderían facer eles como particulares para iniciar a solicitude de exhumación dos restos que teñen localizados a través de diversas entrevistas orais aos veciños do Concello de Aranga.
O venres 28, ás 12:35, acudiron á biblioteca o ilustrador Carlos Sardiña, o xornalista Pablo Santiago, a profesora e investigadora Anxos García Fonte e o historiador Enrique Sanfiz para presentar o libro titulado A morte nas Fragas, que narra a historia de represión de Pedro Rico e Constantino López, veciños da parroquia de Taboada, en Monfero. Visualizaron o documental e puideron observar en directo a creación artística de dous impresionantes debuxos feitos a carbón de Carlos Sardiña. Posteriormente, compartiron con Pablo Santiago unha charla sobre o seu traballo explicándolles diversos acontecementos e sucesos que están aínda a investigar.
Por último, á tarde, de 15:35 a 17:30 h tiveron unha dinámica para traballar a oratoria de cara á próxima presentación do seu traballo con Oladapo Oladipo, profesor do Colexio Internacional de Eirís, que lles deu as claves para realizar unha exposición oral controlando os nervios, os tempos e as emocións.
Xornada de xogos de mesa: A que vas xogar este Nadal?
25/11/25
25 N: Lavandeiras
Polo 25 N o alumnado do 2º ciclo de EP (3º e 4º) estivo investigando o traballo das lavandeiras. Tamén visitaron no Museo das Mariñas a exposición de Xoana Abraira, "o oficio de lavar". Así foi crearon unha pequena instalación artística onde tenderon roupa para facerlle homenaxe a este traballo tan duro que facían normalmente as mulleres. Nas camisetas e panos brancos debuxaron e escribiron consignas contra a violencia de xénero.
Aquí tedes o resultado:







