Debido a situación actual, o Papagaio deste mes de abril non pode chegar á nosa biblioteca, pero vamos poder desfrutar da versión dixital.
Descárgaa e lela na casa.
Neste enlace podedes ler outros números do xornal "O Papagaio" en formato dixital.
http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html
22/04/20
13/04/20
12/04/20
AUTORRETRATOS CON LIBRO
Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos participar nunha actividade para conmemorar o "Día do Libro", o vindeiro 23 de abril:
Instrucións:
Dirixido a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.
Tema: A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a autor/a xunto cun libro. Debido as actuais circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada: continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía.
Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.
Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.
As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42
Data: A data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020.
Exposición: As fotos presentadas serán subidas ao blog da biblioteca e á páxina web do centro.
Aquí tedes algúns exemplos:
Tamén se buscades en internet "Bookfaces", atoparedes moitas máis ideas.
24/03/20
19/03/20
18/03/20
CULTURA PARA TEMPOS DE CORONAVIRUS
Ante a situación que estamos vivindo, son moitas as iniciativas que están xurdindo para ter acceso gratuíto e online á cultura:
A Biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid pon a vosa disposición unha increible colección electrónica, á que podedes acceder desde casa: + de 130.000 libros electrónico:
1. Pinacoteca di Brera - Milano
2. Galleria degli Uffizi - Firenze
3. Musei Vaticani - Roma
4. Museo Archeologico - Atene
5. Prado - Madrid
6. Louvre - Parigi
7. British Museum - Londra
8. Metropolitan Museum - New York
9. Hermitage - San Pietroburgo
10. National Gallery of art - Washington
A Unesco habilitou o acceso á
Biblioteca Dixital Mundial Cultura
A Organización de Nacións Unidas
para a Educación, a Ciencia e a Cultura habilitou o acceso á Biblioteca Mundial
vía internet. Unha medida adoptada en tempos de Coronavirus.
A Biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid pon a vosa disposición unha increible colección electrónica, á que podedes acceder desde casa: + de 130.000 libros electrónico:
10 museos para visitar estando na casa: tour virtual e coleccións online.
1. Pinacoteca di Brera - Milano
2. Galleria degli Uffizi - Firenze
3. Musei Vaticani - Roma
4. Museo Archeologico - Atene
5. Prado - Madrid
6. Louvre - Parigi
7. British Museum - Londra
8. Metropolitan Museum - New York
9. Hermitage - San Pietroburgo
10. National Gallery of art - Washington
O Google Arts & Culture é un sitio web que presenta unha recompilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un percorrido virtual polas galerías nas que se atopan. O proxecto foi posto en servizo por Google o 1 de febreiro de 2011 con 1061 obras de dezasete museos, entre os que se atopan o Tate Britain de Londres, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, e a Galería Uffizi de Florencia.
08/03/20
03/03/20
EXPOSICIÓN #ErrantesPoloMundo_rdc_20
Unha
das actividades realizadas polo alumnado no Día de Rosalía foi a proposta pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Para
expandir o poder da palabra e obra de Rosalía, o alumnado traballou con
fotos da súa propia familia, con debuxos ou imaxes, poñendo nelas versos
de Rosalía que tratan sobre as migracións en todos os seus aspectos (a soidade
de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a
explotación, os conflitos...).
Con todos os traballos realizamos a
exposición #ErrantesPoloMundo_rdc_20.
Aquí deixamos algúns dos traballos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































































