02/03/25
Entroido 2025: o circo
Este ano o tema de Entroido foi o circo e o alumnado de 2º de EP elixiu para o seu disfraz o de "forzudo" baseándose nun libro que temos na nosa biblio de Magali Le Huche: "Héctor, el hombre extraordinariamente fuerte". Este álbum ilustrado conta a historia dun home moi forte que ten en segredo a súa verdadeira afición: a costura. Aquí vos deixamos unhas imaxes da elaboración dos disfraces por parte das familias nos talleres que se organizaron para todo o centro.
24/02/25
Obradoiros inmersivos día Rosalía de Castro
Tres días de talleres e acompañamentos entre maiores e pequenas dende Educación Infantil ata a ESO, así foi a homenaxe do CPI Virxe da Cela á nosa poeta máis coñecida. Tendo como referente o libro "O herbario de Rosalía" sumerxímonos no mundo das plantas dende diferentes propostas artísticas e co telón de fondo dos seus poemas nas voces do alumnado da ESO. Grazas a toda a comunidade educativa que participou dalgunha maneira para que todo isto fora posible dende as familias coas súas aportacións, ata os que revisaron os horarios para as visitas, as que axudaron a recomplilar o material e a colocalo, a limpar e a preparar todo para que a biblioteca se convertira nun lugar de experimentación e aos nenos e nenas pola súa implicación. Sen a colaboración de todos e todas non sería posible! Aquí deixamos unha presentación co resumo das actividades.
14/02/25
Reunións do club de lectura de Primaria do mes de febreiro
Este mes as persoas que conformamos o club de lectura de Educación Primaria "Mundo de letras" reunímonos para representar as obras de teatro que limos, aquí vedes unhas imaxes do ben que o pasamos! Grazas a Educación Infantil por deixarnos os disfraces para a ambientación.
"AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA"
02/02/25
Visita da Asesoría de Bibliotecas Escolares ao noso centro
O xoves 23 de xaneiro visitounos María Pousa da Asesoría de Bibliotecas Escolares para axudarnos a reordenar a biblio. Seguimos traballando para que os nosos nenos e nenas accedan aos mellores fondos de forma máis fácil e cómoda, mercando novos libros, organizándoos, sacando os antigos, facendo un fondo histórico, creando novas etiquetas, adaptando a CDU...
Non é unha caixa.
A partir do libro de Anotinette Portis da Editorial Kalandraka, o alumnado do 1º Ciclo de EP están creando nas estacións de aprendizaxe novas utilidades das caixas que recompilaron en 2º de EP coa colaboración das familias. Mirade canta imaxinación e creatividade: bauis, naves espaciais, coches... e moitas cousas máis!
"Unbound", Judith Scott.
Nos ambientes do 1º ciclo usamos os libros para coñecer historias, técnicas artísticas e ata para aprender algo máis de inglés!
A partir do libro "Unbound" coñecemos a Judith Scott na asignatura de Arts onde estamos facendo un pequeno fipbook e ademais, recreamos as súas obras no ambiente de ciencias e arte.
Aquí vos deixamos unhas imaxes das nosas primeiras obras.


























