Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac
Díaz Pardo e Alento Esbravexo convoca un concurso onde cadaquén pode inspirarse
en algo relacionado coa figura de Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto
da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza
cerámica, etc.), tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou,
artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo,
xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear
un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza,
música, etc. con total liberdade.
O prazo de presentación das obras remata o 13 de agosto de
2020.
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA
ESCOLAR é o lema que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica
para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021ª. Este
lema querepoñer o foco nas
posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa
lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon
a disposición da comunidade educativa.
A ilustradora encargada este ano
de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe
evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver
ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer
outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do
alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas,
comezar a viaxe desde distintos portos:
- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a
investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou
da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de
coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".
- Configurar o itinerariolector como punto de partida da nosa xeografía lectora.
- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e
descubrimentos a través das lecturas.Descubrir as relacións entre identidade e lectura.
- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora
durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).
- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que
organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema
de lecturas que imos creando ao longo da vida).
- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento,
achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a
capacidade reparadora da lectura.
- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e
literatura,que convidan á aventura
(debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e
acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e
mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de
"constelacións literarias", en función da temática, os
personaxes...).
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar
todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato,
con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en
movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas
individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de
ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender
mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
Bea Lema ilustradora do lema deste curso "Xeografías
lectoras na biblioteca escolar" nos fala neste vídeo do seu interese polas
imaxes que transmiten unha idea de forma sintética, os ilustradores que a
inspiran, o proceso de documentación, as probas, a técnica ...
Onte deitámonos coa mala nova do pasamento do gran Quino...pero Mafalda será inmortal.
A primeira historieta deMafalda publicouse o 29 de setembro de 1964 no semanario Primeira Plana,
pero a nena nacera un ano antes, creada para un anuncio –que nunca viu a luz– da
axencia de publicidade ondeQuino
traballaba para financiar a súa paixón polo debuxo. Fillo de inmigrantes
andaluces, con trece anos empezou a estudar Belas Artes enMendoza, pero fartouse do clasicismo da
academia para dedicarse ao cómic e aos 18 anos foi vivir a Buenos Aires,
publicando a súa primeira tira cómica no semanario “Esto Es”en 1954.
As aventuras deMafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose,
traducíndose,replicándose en revistas e
diarios e percorrendo o mundo e as distintas xeracións durante medio século.
Ata hoxe.
Aínda que a súa vixencia no séculoXXI é total, o debuxo deMafalda quedou conxelado en 1973, o humorista
non dubidou en recrear aMafalda por
unha boa causa, como cando en 1977 ilustrou a Declaración Universal dos
Dereitos dos Nen@s para Unicef. O debuxante e a súa filla Mafalda foron obxecto
de múltiples homenaxes e recibiron galardóns por todo o planeta, destacando no
2014 o título de Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia e o Príncipe de
Asturias de Humanidades.
TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e
miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo
realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes
xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.
Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que
clikar na imaxe que tedes a continuación.
Neste curso tan singular quedáronnos moitas cousas pendentes que debido á suspensión das clases non se puideron facer ou rematar. Outras quedaron aplazadas como o programa Erasmus +. No mes de febreiro seis alumnos e dúas profesoras viaxaron a Finlandia, agora parece tan lonxe como se faláramos doutra época.
Non queriamos rematar este curso sen publicar este traballo que fixeron as alumnas Clara Brage e Lucía López sobre a súa experiencia en Finlandia.
A verdade é que cando me puxen a escribir a entrada do blog
e mirei o título,“Graduación 2020”, invadiumeunha mestura de tristeza e satisfacción.Tristeza porquenon puidemos festexar o
voso acto de graduación como quereriamos, como vos merecedes... A situación que
vivimospor mordesta pandemia obrigounos a deixar de vernos
desde marzo, a deixar de facer moitas actividades que tiñamos programadas e nas
que vós seriades protagonistas, e a cambiar moitos dos nosos hábitos. Peroen todo este contexto, debemos quedarnoscoa alegría de pensar que conseguistes
finalizar con meritorio éxito unha etapa que comezou hai 13 anos neste, o voso
cole oVirxe da Cela.
A todos osprofesgustaríanos agradecervos
todo o que nos aportastes durante todos estes anos. En moitos momentos
convertéstesvos en activistas, mestras, contacontos, presentadoras, voces
críticas...fixéstesnos lembrar o importante que é loitar con paixón polo que un
quere, aprender de amizade, de goce, de paixón pola vida e mil cousas máis.
O noso obxectivo non foi simplemente que aprenderades, senón
moito máis que iso. O tempo é ese ben tan prezado que non se pode recuperar, e
esperamos que ese tempo sexa importante para vós, non só pola formación
académica querecibistes, senón tamén
pola humana. Gustaríanos que vos levarades valores, actitudes, gratitude,
xenerosidade, amizade, formas de entender a vida... e que isto vos resulte útil
para o voso futuro.
Agora é o momento de quecomecedes unha nova etapa. Nonperdades o gusto por aprender, por descubrir,
por investigar, por estar conectadas con todo o que vos rodea. Non hai mellor
forma de estar vencellados aos outros e á vida que esa habilidade que temos desde
nenos de querer saber e saber máis aló.
E bueno... sen dúbida xa vos convertestes en parte das nosas
vidas.
Moitas grazas por formar parte desta comunidade educativa e alá, onde a vida
os leve, non vosesquezades nunca das
vosas orixes, de quen sodes e de ondevides, sentídevos moi orgullosas porque sodes MonferoCalidade, GalizaCalidade.
Para rematarquerémosvosdesexar de corazón
toda asortedo mundo erecordarvos quesempreteredesabertasas portasdeste, ovoso cole.
Con cariño de toda a Comunidade Educativa do CPIP Virxe da Cela
Acabadiño de saír do forno, presentámosvos... o novo xornal do CPIP Virxe da Cela, "A Voz do Xestal". A pesares da situación actual (suspensión de clases COVID-19), grazas especialmente ao empeño de Laura Ferro (coordinadora do proxecto), e por suposto co traballo previo realizado por docentes e alumnos/as, este xornal en lingua galega saíu adiante para deixar constancia dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no presente curso no noso centro educativo.
O Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Virxe da Cela quere saber que pasa polas cabezas do noso alumnado en relación a como elas e eles ven a futura volta ao cole. Non sabemos cando nin como polo que, seguramente, poidamos sacar moitas e moi boas ideas de todos eles
.
Neste vídeo podedes ver as respostas que nos chegaron: