01/02/18

Relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura no curso pasado


I CONCURSO DE TIRA CÓMICA XAQUÍN MARÍN 2018


PREPARACIÓN DO DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA



A unha semana da celebración do Día da Paz e da non Violencia, que se celebrará o vindeiro martes 30 de xaneiro, estamos a organizar un acto para esta xornada tan importante. Deixamos a continuación un pequeno guión do acto para que que sirva de información a toda a comunidade educativa: 

Data: martes 30 xaneiro 2018, de 15:30 a 16:00 horas
Lugar: Patio entrada de secundaria.

• Introdución. Presentación do acto a cargo dun alumno/a
• Compromiso a favor da paz a cargo dos nenos das diferentes etapas (Infantil, primaria e ESO) coa lectura de “Poemas pola paz”. (10 minutos)
       Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas
       Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García
       Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro
       Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro
• Manifesto do centro polo Día da Paz. Alumno/a ESO (5 minutos)
• Remate. .Formando un círculo (Botón rojo) para sacar unha foto desde arriba (aula de tecnoloxía)

18/01/18

ROSALÍA SEMPRE VIVA


50 ANIVERSARIO "OS SOÑOS NA GAIOLA"

A Fundación Manuel María vén de tirar un calendario dixital, con ilustracións de Leandro Lamas, para conmemorar os 50 anos da aparición do poemario Os soños na gaiola, obra emblemática de Manuel María que inaugurou a poesía en galego para a xente nova.




MARUJA MALLO.

Durante o primeiro trimestre na aula de 2º de Primaria estivemos aprendendo moitas cousas da vida e da obra da pintora galega Maruja Mallo, traballo incluido dentro do Proxecto DONAS DE SI. Algúns nenos trouxeron fotos da pintora e amosaronas ao resto da clase. Debuxaron autorretratos e puxéronse nomes artísticos. E, finalmente, convertíronse en pintores e pintoras de verdade pintando a Estrela Mariña.
O seguinte mural resume os seus traballos.

DÍA MUNDIAL DA RADIO


ACTUACIÓN DE XOAN CURIEL E JARA

O luns 18 de decembro tivemos a visita de Xoan Curiel e Jara que nos fixeron un percorrido por diferentes estilos musicais. Xoan co ukelele e a guitarra aprendeunos a diferenciar o blues, reggae, rock ou a bossa nova e Jara iniciounos nas distintas formas de tocar a pandeireta, con ela escoitamos a muiñeira, a jota ou a rumba. Despois tocaron xuntos unhas pezas e algúns compañeiros axudáronlles no escenario a preparar a coreografía. Pasámolo fenomenal!!!