11/10/16

CINCO MINUTOS DE PAZ

Mamá Grande só quere uns minutos de tranquilidade na súa bañeira quente, espumosa e burbulleante. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto balbordo como sempre. A paz dúralle moi pouco a Mamá Grande.


Coincidindo co 30º aniversario da súa publicación, KALANDRAKA recupera este álbum de Jill Murphy, co que moitos adultos poderán identificarse porque "Cinco minutos de paz" invoca un desexo practicamente  inalcanzable para quen ten nenos pequenos ao seu cargo: tratar de illarse do mundo por un instante sen que eles interrompan ese breve lapso de tempo coas súas inquedanzas, as súas imprevisibles ocorrencias e a súa espontaneidade. Destaca a elección de animais tan robustos como os elefantes para protagonizar un relato divertido e entrañable. Mamá Grande e os seus fillos son hábilmente humanizados con vestimentas cotiás e nunha contorna doméstica ao comezo da xornada. A expresividade dos personaxes reflicte un amplo abanico de sentimentos: desde a resignación, o malestar ou a paciencia da nai, ata o arrepentimento ou o inocente entusiasmo dos mozos paquidermos, que son pura enerxía. Porque Mamá Grande só quere uns minutos de paz e tranquilidade na súa bañeira quente, espumosa e burbulleante. Unha historia tan real como a vida mesma, contada con naturalidade, humor e afecto.

PODEDES ATOPALO NA NOSA BIBLIOTECA

TRADUTOR GAIO

O Gaio é un tradutor automático da Xunta de Galicia que te pode sacar dun apuro se precisas unha comprensión rápida de textos breves.
Preme na imaxe


20/09/16

BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). 
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de  AgustínFernández Paz para as Bibliotecas Escolares .

12/09/16

COMEZA O CURSO 2016/2017

O equipo da Biblioteca Escolar do
 CPI Plurilingüe Virxe da Cela  
deséxavos  a todos un bo curso 
cheo de lecturas.


imagixa un lugar...
... onde o teu barco atesoura
todos os teus coñecementos
e o horizonte ofréceche
todo o que poidas necesitar.


 "Imagixa un lugar" (Editorial Juventud)
Texto: Sarah L. Thomson
Ilustracións: Rob Gonsalves


Desde a Biblioteca Castelao, feliz volta ao cole

15/06/16

CONCESIÓN DO SELO "BIBIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA" AO CPI VIRXE DA CELA

Con data 14 de xuño de 2015, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a seis centros educativos, trala valoración das candidaturas presentadas ao abeiro da resolución de 10 de decembro de 2015 da devandita dirección xeral, pola que se publicaba a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias que integra, entre outras, esta iniciativa e que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación, da Consellería de Política Social. 
     Reciben este selo os seguintes centros: CPI P. Virxe da Cela  de Monfero  (A Coruña), CEIP P. A Pedra de Bueu (Pontevedra),  CEIP Espedregada de Poio (Pontevedra),  IES de Poio (Pontevedra),  CEIP de Parada-Campañó (Pontevedra) e IES de Vilalonga de Sanxenxo (Pontevedra).
    Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar e concédese a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable e sistematizada a educación en valores e a compensación de desigualdades, e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19260

02/06/16

CREANDO AUDICONTOS : A RATIÑA PRESUMIDA

Este curso algúns dos profesores do  noso centro estivemos a realizar un curso de formación sobre a utilización das novas tecnoloxías audiovisuais. Aprendemos o uso de distintos recursos e programas para utilizar como ferramentas educativas. E como veredes a continuación, algo aprendimos. Deixámosvos unha das nosas producións. Vede que chulo nos quedou o conto de "A ratiña presumida". Seguro que aos pequerrechos gustaralle moito!!!




              

01/06/16

ESPECIAL RADIOFÓNICO "40 ANOS VIVINDO A ESCOLA"

Compartimos neste espazo o interesantísimo especial radiofónico "40 anos vivindo a escola", gravado polo alumnado do CPI Virxe da Cela nas sesións de obradoiro de radio, e coas colaboracións de profesores, familias e personal non docente, tanto da actualidade como os que estiveron na nosa escola tempo atrás e xa pasaron a formar parte de estes 40 anos de traxectoria compartida. Queremos dar os parabés a Lucía Abarrategui y Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) pola súa implicación no proxecto e a cantidade de horas de traballo invertidas.

31/05/16

ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DO PREGUNTÓN

Coincidindo cos actos de celebración dos maios realizouse a entrega de premios aos gañadores da Edición do preguntón deste ano. Parabéns a todos eles e elas. Aquí vos deixamos constancia do acto.