07/02/24

RADIO NA BIBLIO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades continúa no seu Plan LÍA  de Bibliotecas Escolares co desenvolvemento de novos ámbitos de actuación para este período, contemplando o reforzo dos programas que inciden na Alfabetización mediática e informacional do alumnado como Radio na biblio con propostas que promovan o coñecemento e un uso responsable da información en múltiples formatos. 

Tras seis convocatorias do programa “Radio na biblio” este é o primeiro ano que o CPI Virxe da Cela se presenta a este programa, buscando ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. A utilización da radio como ferramenta didáctica non é algo novo no noso centro, xa que desde fai anos dispoñemos do equipamento necesario e de formacións en radio tanto para o alumnado como para o profesorado. Mais este ano darémoslle un novo impulso a través da biblioteca, estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara “centros creativos de aprendizaxes”.

Durante o presente curso 2023-2024 son varios os docentes que están a levar ao seu grupo a aula de Ferraganchos, onde temos instalado o laboratorio de radio. Lucía García Blanco, mestra de 4º EP e coordinadora do programa "Radio na Biblio" no noso centro educativo, está a elaborar xunto co seu alumnado un podcast radiofónico centrado nos refráns e a tradición oral. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario