Comezamos esta xornada conmemorativa da Paz e da Non Violencia (martes 30 de xaneiro de 2018) coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela a todas as aulas do noso cole, repartindo entre profes e nenos/as os tradicionais adhesivos “Paz 18” e os folios vermellos que recollían o Manifesto Pola Paz, así como o símbolo da Paz.
Estas follas serían utilizadas pola tarde para recrear este impresionante círculo vermello “O Reto do Botón da Paz”, un pequeno xesto moi visual que pretende frear o conflito entre as grandes potencias EEUU e Corea do Norte. Esta acción foi o broche final a un acto no que todos os alumnos/as e profesores/as do centro reivindicamos o dereito á Paz Mundial a través da lectura dun manifesto e de varias poesías de poetas galegos:
Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas
Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García
Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro
Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro
Dentro desta conmemoración tamén levamos a cabo un pequeno mural entre toda a comunidade educativa titulado: Choiva de desexos
Cada alumno e alumna preparou unha pinga de auga na que debuxou e/ou escribiu o seu desexo de paz para unilo á choiva do Virxe da Cela:
Outra actividade que tamén se levou a cabo foi un programa de radio, feito polo alumnado de 1º de ESO. Premendo no seguinte enlace poideredes escoitalo:
En resumo, esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario