21/11/25

OS DEREITOS DA INFANCIA, CONTADOS E CANTADOS NO COLE

 

O Día Internacional dos Dereitos da Infancia conmemorouse no noso centro cunha actividade moi especial e enriquecedora: un Contacontos en galego protagonizado polo alumnado de 1º de ESO e dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria.

O obxectivo desta xornada foi lembrar a todos que os nenos e nenas de todo o mundo "teñen dereito a vivir felices, protexidos e respectados".

A Rebelión de Contos

A peza central da actividade foi o conto "Lola e a rebelión dos contos". A través desta historia, a pequena Lola descobre que personaxes clásicos como Cincenta, Carapuchiña ou Hansel e Gretel están "cansos de sufrir sempre nas súas historias" e decidiron rebelarse.

Os personaxes esixían os mesmos dereitos que as nenas e nenos reais:

  • Unha vivenda digna, como pedían os Tres Porquiños.
  • Educación e familia que os coide, como soñaban Hansel e Gretel.
  • Igualdade e aceptación, como desexaba Pulgarciña.
  • E, sobre todo, vivir sen medo e en liberdade, como pedía Carapuchiña Vermella.

A narración serviu para reflexionar sobre como os contos axudan a entender mellor os Dereitos da Infancia, como o dereito á igualdade, á educación, á protección, á saúde ou ao xogo e a paz.

Música e Lembranzas

Ademais da contada, a xornada contou coa canción dos dereitos creada para a ocasión, cuxa mensaxe principal é:

"""Os dereitos da infancia non se escriben na area, porque os leva o vento cando sobe a marea...""

A intención era que eses dereitos quedasen gravados nos corazóns de todos.

Ao remate da actividade, os máis pequenos foron obsequiados cuns marcapáxinas nos que se representaban todos os dereitos, feitos con agarimo polo alumnado de 4º de ESO.

A xornada uniuse "a maxia dos contos coa forza dos dereitos" , conseguindo que o propio alumnado de 1º de ESO actuase como un elemento dinamizador e fomentando a súa creatividade e participación. Foi, sen dúbida, unha xornada moi enriquecedora.

Aqui tedes pendurado o conto, a canción e unha reportaxe gráfica da xornada.

CONTO


CANCIÓN "OS NOSOS DEREITOS"









14/11/25

Entrega de diplomas e agasallo Samaín

 Todos aqueles alumnos/as da ESO que colaboraron na celebración do Samaín reuníronse hoxe venres 14 na biblioteca escolar para recoller un pequeno agasallo e diploma en agradecemento á súa axuda e compromiso. Grazas a estes mozos e mozas levamos a cabo un aprendizaxe en cascada, axudando aos máis pequenos nas diferentes estacións de xogos, realizando lecturas e tamén ensinando aos máis pequenos nos diferentes obradoiros como o de baile ou de stop motion.







05/11/25

Actividades do Samaín

 Polo Samaín a biblioteca púxose a escuras e así lemos e contamos contos: os da ESO a 5º e 6º de EP cos seus microrrelatos, os maiores aos pequenos e as familias tamén tiveron o seu momento pola tarde. Fixemos exposición de títulos e tamén de casas encantadas baseándonos na novela de Agustín Fernández Paz "Cartas de Inverno". Non faltaron os medos reais, eses que saen todos os días nos xornais... 





















Moitos libros nos ambientes de 1º, 2º e 3º de EP.

 Os libros guían moitas das actividades dos ambientes de 1º, 2º e 3º de EP. 









Colaboradores/as

 O alumnado de 5º e 6º comezou a súa andanza como colaboradores e colaboradoras da biblio. 



04/11/25

SOS: Monstros verdadeiros ameazan o planeta.

 O alumnado de 3º de EP traballou con este libro de Marie G. Rohde para coñecer algúns perigos que nos acechan e que son reais relacionados cos problemas ecosociais e como facerlles fronte. 




Formación de Usuarios.

Este ano todos os cursos de EI e EP pasaron pola biblio para facer a súa formación de usuarios e aprender a usar a biblioteca.