16/11/18
CONVIVIR DEPORTIVO: A RADIO GALEGA NO CPI VIRXE DA CELA
O pasado martes 13 de novembro de 2018 ás 12:00 horas retransmitiuse desde co CPI Plurilingüe Virxe da Cela o programa da Radio Galega “Convivir Deportivo”, presentado por Alfonso Pardo. Todo o alumnado e profesorado do centro asistiu a este acontecemento tan importante que tiña como obxectivo principal a difusión do Plan Deportivo que se está a levar a cabo na nosa escola. Por iso formaban parte da mesa de entrevistados as profesoras de educación física Teresa e Ruth, o profesor de bioloxía David, O técnico de deportes do Concello de Monfero e a directora do centro. Varios alumnos a alumnas participaron activamente no programa radiofónico respondendo as preguntas formuladas polo presentador en torno a diversas actividades deportivas.
09/11/18
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, a
través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa
Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de
novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, Profesor titular de
Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare,da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle
agradecemos: "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para
facer boa ciencia, hai que ler".
Recomendamos a lectura pausada deste manifesto de Luís
Navarro e lembramos algúns dos recursos dispoñibles para estimular o achegamento á
ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca
escolar.
o
WEB: NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (recompilación de recursos, webs temáticas,
materiais diversos arredor da ciencia en galego)
o
CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS-LIBROS INFORMATIVOS (Pinterest cunha recompilación de
libros informativos editados en galego susceptibles de formar parte da colección
dunha biblioteca escolar)
oMALETASVIAXEIRAS DE CIENCIAShttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/maletas/ ("Ciencias-Primaria,
Ciencias-Secundaria, Física e Quimica, Bioloxía e Xeoloxía,
Matemáticas-Primaria, Matemáticas-Secundaria, do Programa de "maletas
viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares)
- MANIFESTO deLuís Navarro
- http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/A3%20Manifiesto%202018.pdf
- DOCUMENTO"Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas- 2018
CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2019
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou onte, 30 de outubro, a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Antón Fraguas Fraguas, o autor escollido pola RAG para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2019. O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2019. O profesorado participante neste concurso recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora).
01/11/18
Premios do Samaín

Gañadores do concurso de portas:
1º premio Educación primaria: 5º de EP:
1º premio ESO: 4º de ESO:
Gañadores do concurso de cabazas:
A máis arrepiante: Aroa García Bermúdez, 2º de EP:
A más divertida: Mara Pico Bouza, 4º de EI:
A máis orixinal: Diego Garabana Tojeiro, 1º de EP:
A más artística: Martín Amenedo Carballeira, 6º de EI:
A máis elegante: Aroa Martínez Belda de 6º deº EI:
30/10/18
CHEGA O SAMAÍN Á NOSA BIBLIOOOOOOO!!!!!!
Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar
presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas
celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das
colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades:
unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra escura,
de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín,
unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos
visitaban as casas. Nesas
celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan visitar
aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí
que agora se conmemore decorando cabazas.

En
Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron
os inmigrantes irlandeses os que levaron as vellas costumes aos Estados Unidos.
Foi así como esta festa de orixe celta converteuse en Halloween.
Invitámosvos
a visitar
o recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de
medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!!
26/10/18
CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA
Pregón deste ano, O día da luz, escrito por Gonzalo Moure (tradución ao galego de Antía Marante), e o
cartel do ilustrador Alfonso Zapico.
Pregón Día da Biblioteca 2018
"O día da luz" Gonzalo Moure
Veño do deserto do Sáhara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiad@s saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que @s nen@s e @s moz@s do Sáhara poidan experimentar o gozo de sentar baixo a súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún "templo de silencio", senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorar mirando uns ollos por enriba do libro. Porque ao fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar onde se descobre ao outro, de papel ou de carne.
Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións.
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo.
Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para @s saharauís. Págaas a nosa sociedade civil, mediante soci@s adult@s, e mediante actividades solidarias nos colexios, institutos e bibliotecas. E @s alumn@s e lector@s que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a milleiros de nen@s, moz@s e adult@s que a fixeron posíbel co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lectora e lector saharauí ten ao seu carón a milleiros de lectoras e lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e lugar tan hostil.
Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén soñouna, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faite do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso "bibliobús". Que non haxa ningunha nena e ningún neno, moz@ ou adult@, que non roce a man dunha bibliotecaria que a aconselle, que o oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa ningún ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será.
Na túa man hai milleiros de mans, apertando a túa, acompañándote no camiño. Tenras ou con durezas, pequenas ou grandes. No libro que te agarda na mesa de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Mais todos preciosos. Conectados todos por un invisíbel fío de prata que un man con man, andel con andel, un fío inacabábel e luminosos. Inacabábel, e que así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir "O día da luz".
Feliz día, feliz século.
18/10/18
O NOSO COLE NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA RAG

No acto estiveron presentes os
tres centros gañadores:
CPI P Virxe da Cela (Monfero)
EEI do Milladoiro ( Ames)
CEIP Anxo da Garda (A Coruña)
Así mesmo presidiron a xornada Victor Freixanes (presidente da
Academia Galega), Francisco Castro (director
xeral da Editorial Galaxia), a escritora Fina
Casalderrey, Teresa Rocamonde, (responsable
de comunicación de Bolanda), Andrea
Jamardo (responsable de Urco Editora) e Pedro Ferriol (viúvo da escritora María Victoria Moreno).
O noso centro apostou pola linguaxe
radiofónica. O alumnado de primeiro e segundo gravou un conto inspirado en
personaxes das obras de María Victoria Moreno. Pola súa banda o alumnado de 4º
de EP realizou un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste
Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo, dentro do noso programa de
Radio escolar tan ben levado por Sergio
Pascual y Lucía Abarrategui e financiado por Ayuda en Acción e a Fundación
Repsol.
Ademais, a xornada tivo un
remate moi especial xa que compartimos
co CEIP Anxo da Garda unha xornada de convivencia e xogos no centro coruñes.
Ámbolos dous centros levamos tres anos colaborando para achegar realidades
culturais e sociais diferentes, pero ao mesmo tempo enriquecedoras, tomando como nexo
de unión o apego pola identidade cultural e a revalorización do medio natural
como punto de partida para o deseño de actividades compartidas.
Parabéns a tod@s polo voso
traballo!!!!!
Aquí deixamosvarios vídeos do acto.
16/10/18
OBRADOIROS DE TEATRO CON ABEL CABALLERO
Obradoiro de Teatro con Abel Caballero, técnico de Xuventude do Concello de Monfero.
Todos os martes na Biblioteca Castelao
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso
2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiándonos
nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
ANTÓN FRAGUAS
Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.
Antón Fraguas by veronicadopico6009 on Scribd
DOMINGO FONTÁN E A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia.
Domingo Fontán by veronicadopico6009 on Scribd
05/10/18
IX DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: A CULTURA CIENTÍFICA E A CULTURA GALEGA
O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.
IRIMONL@AB
O vindeiro 15 de outubro de 2018 comezará no CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) unha nova actividade para 15 alumnos e alumnas de educación secundaria. Trátase do IriMonl@ab, un laboratorio de ideas no que os rapaces/zas poderán experimentar con novas tecnoloxías, descubrir as súas fortalezas e conducir as súas aspiracións ao deseño dun plan de vida formativo e profesional.
IriMonl@ab ponse en marcha grazas á Fundación Axuda en Acción, en colaboración co centro educativo e cos concellos de Irixoa e de Monfero. Con este proxecto queremos compensar as desigualdades contextuais facilitando ao noso alumnado a posibilidade de facer reais as súas aprendizaxes en contornos virtuais adaptados ás necesidades sociais actuais.
O xoves 4 de outubro de 2018 fixemos a presentación oficial do proxecto ao noso alumnado e ás familias, contando coa presencia dos alcalde de Irixoa, o presidente da AMPA, a delegada da Fundación Ayuda en Acción na Coruña e as profesionais que estarán traballando día a día co alumnado participante. Mentres a dirección do CPI Virxe da Cela explicaba ás familias o proxecto, todo o alumnado de secundaria participou dunha divertida actividade, un “scape room” personalizado, e todos os asistentes remataron a xornada visitando a aula específica onde se desenvolverá este proxecto, totalmente equipada con tecnoloxía e mobiliario adaptado ás necesidades do mesmo.

28/09/18
EFEMÉRIDES
As efemérides
constitúen un conxunto de acontecementos importantes ocorridos nunha mesma
data, aínda que non coinciden no mesmo ano.
Tamén un 29 de
setembro naceron:
Do grego ephemerís, ephemerídos,
significa "diario ou memorial diario".
Queres saber que ocorreu tal día como hoxe, 29 de
setembro, no pasado?.
480 A.C.-Tivo lugar a famosa Batalla de
Salamina
1792.- Proclamación
da República francesa, nas Tullerías
1928.- Federico
García Lorca publica " Romancero gitano”
1954.- Creación da
Organización Europea para a Investigación Nuclear ( CERN).
1511.- Miguel Servet,
médico español, descubridor da circulación menor do sangue.
1547.- Miguel de
Cervantes, escritor español.
1864.- Miguel de
Unamuno, escritor español.
1916.- Antonio Buero
Vallejo, dramaturgo español
1965.- Boris
Izaguirre, escritor e guionista.Venezolano nacionalizado español.
E un 29 de
setembro deixáronnos para sempre:
1833.- Fernando VII,
rei español.
1898.- Anxo Ganivet, escritor español.
1902: Émile Zola, escritor francés
1913.- Rudolf Diesel, enxeñeiro e
inventor alemán.
1981.- Rómulo
Betancourt, expresidente de Venezuela.
1987.- Henry Ford II, industrial
estadounidense.
E que se celebra o 29 de setembro?
O Día Mundial do Corazón
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)