01/12/25
Xornada de xogos de mesa: A que vas xogar este Nadal?
21/11/25
OS DEREITOS DA INFANCIA, CONTADOS E CANTADOS NO COLE
O Día Internacional dos Dereitos da Infancia conmemorouse no noso centro cunha actividade moi especial e enriquecedora: un Contacontos en galego protagonizado polo alumnado de 1º de ESO e dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria.
O obxectivo desta xornada foi lembrar a todos que os nenos e
nenas de todo o mundo "teñen dereito a vivir felices, protexidos e
respectados".
A Rebelión de Contos
A peza central da actividade
foi o conto "Lola e a rebelión dos contos". A través desta
historia, a pequena Lola descobre que personaxes clásicos como Cincenta,
Carapuchiña ou Hansel e Gretel están "cansos de sufrir sempre nas súas
historias" e decidiron rebelarse.
Os personaxes esixían os
mesmos dereitos que as nenas e nenos reais:
- Unha vivenda digna, como pedían os Tres
Porquiños.
- Educación e familia que os coide, como soñaban Hansel e Gretel.
- Igualdade e aceptación, como desexaba Pulgarciña.
- E, sobre todo, vivir sen medo e en
liberdade, como pedía Carapuchiña Vermella.
A narración serviu para
reflexionar sobre como os contos axudan a entender mellor os Dereitos da
Infancia, como o dereito á igualdade, á educación, á protección, á saúde ou ao
xogo e a paz.
Música e Lembranzas
Ademais da contada, a
xornada contou coa canción dos dereitos creada para a ocasión, cuxa
mensaxe principal é:
"""Os
dereitos da infancia non se escriben na area, porque os leva o vento cando sobe
a marea...""
A intención era que eses
dereitos quedasen gravados nos corazóns de todos.
Ao remate da actividade, os
máis pequenos foron obsequiados cuns marcapáxinas nos que se
representaban todos os dereitos, feitos con agarimo polo alumnado de 4º de ESO.
A xornada uniuse "a
maxia dos contos coa forza dos dereitos" , conseguindo que o propio
alumnado de 1º de ESO actuase como un elemento dinamizador e fomentando a súa
creatividade e participación. Foi, sen dúbida, unha xornada moi enriquecedora.
Aqui tedes pendurado o conto, a canción e unha reportaxe gráfica da xornada.
CONTO
CANCIÓN "OS NOSOS DEREITOS"
14/11/25
Entrega de diplomas e agasallo Samaín
Todos aqueles alumnos/as da ESO que colaboraron na celebración do Samaín reuníronse hoxe venres 14 na biblioteca escolar para recoller un pequeno agasallo e diploma en agradecemento á súa axuda e compromiso. Grazas a estes mozos e mozas levamos a cabo un aprendizaxe en cascada, axudando aos máis pequenos nas diferentes estacións de xogos, realizando lecturas e tamén ensinando aos máis pequenos nos diferentes obradoiros como o de baile ou de stop motion.
05/11/25
Actividades do Samaín
Polo Samaín a biblioteca púxose a escuras e así lemos e contamos contos: os da ESO a 5º e 6º de EP cos seus microrrelatos, os maiores aos pequenos e as familias tamén tiveron o seu momento pola tarde. Fixemos exposición de títulos e tamén de casas encantadas baseándonos na novela de Agustín Fernández Paz "Cartas de Inverno". Non faltaron os medos reais, eses que saen todos os días nos xornais...
04/11/25
SOS: Monstros verdadeiros ameazan o planeta.
O alumnado de 3º de EP traballou con este libro de Marie G. Rohde para coñecer algúns perigos que nos acechan e que son reais relacionados cos problemas ecosociais e como facerlles fronte.


.jpeg)


.jpeg)
























