O 20 de novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia e para conmemorar esta data as rapazas e rapaces de 3º de ESO prepararon unha sesión de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Na procura dun mundo maravilloso” lles narraron a historia dun grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade que se embarcan nunha viaxe para encontrar un mundo no que os seus dereitos sexan respectados.
Tamén reflexionaron entre todos sobre a importancia de ter dereitos e que sexan respectados e que non só teñen dereitos senón que tamén teñen deberes que cumprir para vivir nunha sociedade xusta, plural e solidaria.
Finalizaron cun simpático xogo de pasapalabra rematando a sesión cun pequeno agasallo realizado polo alumnado da ESO para todos os asistentes.
Na Procura Dun Mundo Marabi... by yolick20003194
Ningún comentario:
Publicar un comentario