Grazas ao alumnado de Educación Dixital da ESO e á súa profe que traballaron a reo para arranxar os escornabots e poñelos a punto, o alumnado de EI e EP xa pode usalos e así comezar a súa andadura no pensamento computacional.
28/10/24
COMEZAN OS ACOMPAÑAMENTOS.
Un día á semana, na hora de ler de EP e EI, os nenos e nenas acudirán á biblioteca a ler en parellas. Os luns tócalles a quenda ao alumnado de 3º de EP e 4º de EI (os máis pequenos do cole). Aquí vos deixamos unhas imaxes destes momentos tan especiais de compartir lecturas.
COMEZAN OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS!
O alumnado de 5º e 6º de EP anotouse para ser voluntario e voluntaria da biblioteca, son un total de 23 nenos e nenas que acudirán en parellas no lecer para axudar a facer empréstitos, colocar libros, pegar pegatinas das letras e outros moitos traballos que temos por facer na biblioteca. Aquí están as nosas axudantes de hoxe. Grazas a todas pola vosa labor!
LECTURA DO XORNAL CON PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA
Todos os mércores o alumnado da ESO recibe un exemplar do periódico La Voz de Galicia, grazas ao programa Prensa Escola ao que varios docentes estamos inscritos/as. A prensa é utilizada en materias como Lingua Castelá, Educación Dixital, Música e Proxecto Competencial. Ademais da súa utilización na aula, é frecuente que o alumnado visite a biblioteca escolar para utilizar o xornal como ferramenta educativa, a través do cal poder desenvolver habilidades de lectura, análise crítica, e conciencia social. Son múltiples e variadas as actividades que se realizan coa prensa, entre elas, as que máis realizamos son:
-Análise de noticias: analizamos diferentes noticias sobre un mesmo tema para poder identificar as diferentes perspectivas e avaliar a obxectividade das fontes.
-Conexión co mundo real: a través da lectura do xornal o alumnado pode comprender mellor como os eventos actuais impactan nas súas vidas e na súa comunidade, e afondar en noticias relativas ás materias nas que se utiliza (por exemplo, literatura, música, novas tecnoloxías, etc).
-Elaboración dunha revista escolar: O alumnado de 1º da ESO están a crear o seu propio xornal, investigando noticias locais, escribindo artigos, deseñando e maquetando, creando imaxes e outros elementos para incluír (pasatempos, infografías, ilustracións, etc).
-Investigación de noticias falsas: Este curso prestaremos especial atención ao concepto de desinformación (fake news, bulos). O noso alumnado está aprendendo a identificar noticias falsas e a verificar a información en diferentes fontes, desenvolvendo habilidades de alfabetización mediática.
Primeiro obradoiro Education4theplanet curso 2024-2025
Venres 25 outubro 2024. Biblioteca Castelao. 1º Obradoiro venres 25 de outubro (1º e 2º ESO). 9:45 - 10:35. Martín Mejuto (técnico Fundación Ayuda en Acción) e as responsables dos proxectos Education4theplanet (Laura Gómez Vales)