Este curso, sumando o traballo dentro do Polo Creativo
e da Biblioteca Creativa, preparamos unha caseta literaria e científica da que
está a punto de gozar o alumnado no patio. Imaxe autoeditada.
Toca observar, ler, debuxar, aprender e espertar a curiosidade da rapazada a partir da nosa privilexiada contorna natural.
Para que a xestión sexa eficiente catro colaboradores de 4º de EP responsabilizaranse da súa xestión durante o lecer.
Foi un traballo compartido entre diferentes niveis da etapa da Ed. Primaria cuxo comezo é o deseño do patio que o alumnado quere para o lecer (Consello Escolar da Infancia).
Entre as propostas está esta caseta. Observade con detemento e veredes cantas posibilidades de xogo, experimentación e aprendizaxe na natureza ofrece.
Ningún comentario:
Publicar un comentario