POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso
2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiándonos
nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Poéticas
diversas convida a asolagar as aulas de
poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra
e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación
poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego
poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e
todos os poetas que foron e son.
Ningún comentario:
Publicar un comentario